PÁXINA DO
FACEBOOK DO ESCRITOR:
Onte tocou volver á que xa é unha casa
máis, con familia, como é o club de lectura “Palabras compartidas” do IES
Xelmírez I, dirixido pola amigaLoli
Sans. A fidelidade é tan grande que cada libro que publico lévame alí, onde
teño lectoras que saben máis da miña obra ca min mesmo. Unha sorte inmensa para
alguén que “reconstrúe ruínas”. Tres horas e media de conversa que pasaron
voando (agardo que para elxs fose igual). Subscribo as palabras de Carlos
Casares de que escribimos para nos queiran máis. E esa é sensación que teño
cando volvo a esta casa ateigada de “fans” que onte dixeron cousas fermosísimas
sobre A FERIDA DO VENTO. Comparto aquí unha da amiga Fernanda, que ten uns
cadernos de lectura artísticos, e me confesou que a lectura do libro fora coma
unha canción sucesiva, coma se estivese asistindo a un concerto de Xabier Díaz.
En fin, pouco que engadir, só que regreso ao cuarto escuro para escribir un
novo libro co que poder volver a este club privilexiado. Grazas
Ningún comentario:
Publicar un comentario