Páginas

mércores, 25 de xaneiro de 2017

ANTÓN RIVEIRO COELLO: ESES SERES LÚCIDOS E MEMORABLES!!!


Xoves, 19 de xaneiro



Quéroo porque, dende moi neno, pasei con el e mais coa avoa Felisa meses de verán na aldea, e eses lazos fan que agora o secunde en moitas das súas tolerías e comparta horas con el e cos seus curiosos amigos que veñen pola casa. Para moitos son tolos. Para o avó Mauro, que leva un rexistro de todos eles, son seres lúcidos e memorables. Para min son coitados ocorrentes que veneran o avó coma unha clase de deus antigo, e adoitan andar rabo del.”
                                  (páx. 23. A Ferida do Vento) Antón Riveiro Coello


Que podemos dicir do autor que hoxe temos de novo connosco que xa non saibamos tras moitas reunións con el e que, para este club de lectura é xa un elo  máis desa cadea que aos poucos foi crecendo e afianzando cada día máis esta gran familia que, para moitos/as de nós, é parte do noso día a día.  Antón Riveiro Coello, fai que  as súas lecturas sexan case unha necesidade para nós. Coas súas historias tan reais, tan humanas, tan próximas, non pode deixar indiferente a ninguén.

Na última xuntanza que tivemos con él, con motivo da publicación da súa novela “Os elefantes de Sokúrov”, e aproveitando a confianza que nos transmite como parte desta gran familia, abordámolo para que nos dixese, sempre desvelando o xustiño, os derroteiros por onde camiñaría a súa  próxima novela, deixándonos caer xa, naquel día, que tiña pendente desde facía moitos anos un tema sobre os tolos, que era case un compromiso que adquirira para con Carlos Casares. E aquí témolo: un libro que se desenvolve na vila que o viu nacer, Xinzo de Limia, e onde no ano 2014 foi nomeado fillo predilecto, e que percorre a vida, propia e allea, a través da memoria tan presente en todas as sús obras. Unha novela coral onde as personas que la componen son diferentes e especiais, pero siempre tratadas desde el respeto que todos ellos merecen. Mestura de convivencia entre a cordura e a tolemia.

Lectores/as: Desde a súa publicación, non pairas de presentala e parece que a crítica se porta ben con ela?

Antón Riveiro: Foi moi ben recibida desde a súa publicación en novembro. Estou moi contento por todas as invitacións que recibo para a súa presentación, pero sobre todo a boa acollida que ten entre o público en xeral. Como deixo dito non comezo do libro, “cando a vila de Xinzo me facía ou seu fillo predilecto, espertóu en min ou desexo de corresponder a tanto agarimo e xenerosidade cunha novela que atendería tamén a encarga de Carlos Casares.” Tamén pode ser que, ao tratarse dunha novela na que se mesturan feitos  autobiográficos pero con deixe histórico, cale máis na xente.

L: Ao nomear persoas coñecidas de Xinzo, e historias verdadeiras e duras, como a de Doce María, atopáchesche con máis reaccións favorables ou pola contra tiveches algún tipo de encontrón?  

A.R.: Non, a verdade é que teño que agradecer a todas as persoas que me paran para falar comigo e que se recoñecen na novela porque me tratan moi ben. A miña nai non pode ir pola rúa sin que a recoñezan. Incluso a familia de Doce María, (Gabriela na novela). unha familia empurrada pola desgraza e chegada de Venezuela, emocionouse moito coa novela. Non esquezamos que a historia comeza coa relación de amor adolescente entre Antón e Gabriela. É quizais o fío condutor da novela que dá paso a outros personaxes secundarios. Que Gabriela elixíseo a él como noivo, entre os rapaces da cuadrilla, “fixo máis levadera a súa reclusión no internado no que non estaba permitido ningún contacto co exterior, agás coa familia. Tres meses sen saber nada dela, sen poder recibir nin cartas súas nin chamadas telefónicas, fixo que o me amor abrochase, cego, coma unha planta salvaxe ..” (páx. 18). 

Por iso enfádase e culpa aos seus pais por agacharlle a noticia da súa morte e é o avó quen, á súa volta, cóntallo. Os amores na adolescencia marcan como queda reflectido cando  di:”Poida que pensen que aos quince anos o amor non entraña perigo e a morte pode ser algo periférico que apenas nos roza coas súas gadoupas, pero non. Axiña son consciente da perda, e sinto unha dor retroactiva por non pasar con Gabriela os seus días derradeiros”.(páx. 30)

L: . Un lector que hoxe non puido estar connosco, Antonio,  quere que te preguntemos sobre o significado da expresión “é un nada”, que lle chamou moito a atención.

A.R.: É unha expresión típica de Xinzo, que a miña avoa dicíaa moito: Chega nun nadiña, chega pronto. Tamén pode ser un nada de moito, se vai con ironía. Hai moitas  anecdótas neste libro, que ao principio ía tratarse dun libro de relatos curtos por iso, algunhas historias poden saír reflectidas nas narracións dos meus anteriores libros, o que fai graza a algúns dos meus amigos é ver como logrei   inserilas nesta novela. A avoa Pepa é real, tal como descríboa na novela. Ademais, como se reflicte na historia “tenía cierta predilección por mí. Entre todos os netos, son o único que pode manter no futuro o apelido Riveiro do avó Rafael”.(páx. 47). Á avoa materna, Felisa, tiven que matala, (óense unhas poucas risas), porque senón collería moito protagonismo na historia.

L: O título da novela é tamén unha homenaxe a Carlos Casares, e un xogo de palabras ao seu libro, Vento Ferido, e ao mesmo tempo ten un significado curioso para a xente da Vila.

A.R.: É certo que ao principio o libro íase a titular As ruínas do vento, pero logo fixen un xogo de palabras co título do libro de Carlos. Ademais animóume a idea de que no ano 2017 se ía celebrar ou 50 aniversario de sua publicación, polo que sería un homenaxe a él. Ao mesmo tempo, e antes de rematar a novela, comunicáronme que o Día dás Letras Galegas ía estar dedicado a Casares, polo que tiña a oportunidade de expresar a miña admiración polo seu mundo narrativo.
“O meu pai  siempre se laia da morea de tolos que habi na nosa vila. El tiña una teoría para tanta proliferación: un vento frío que entra na cabeza. Na nosa vila os invernos son moi duros e iso fai tantos estragos coma o viño. O certo é que eu, de pequeño, cría nas súas palabras e andaba sempre abrigado, incluso no verán, porque, segundo o doutor don Castro, a temperatura do meu corpo era demasiado baixa. Con todo, recoñezo que me sinto cómodo entre eles e teño certo imán para os atraer.”(páx. 36).
Existía esa crenza de que o vento frío que entraba na cabeza non era bo, igual que en Celanova, como escribiu Casares nun artigo do blogue, “Á Marxe do tempo” , escoitara dicir a alguén, que na vila había antes a crenza de que os que bebesen do cano norte dá fonte dá praza quedaban avariados dá cabeza, mentres que, no Ribeiro, Otero Pedrayo atribuíalle  ao licor-café a causa dá tolemia.  Eu pensaba que os tolos usábanme  para perdurar na novela, pero máis ben creo que os tolos ma traen a min. Cando vou de viaxe a miña familia xa non me deixa que pregunte a ninguén unha dirección ou calquera outra cousa, porque acabo preguntando á persoa equivocada.


Carné identificativo do avó de Antón,
no Centro Galego da Habana.


L: Dedúcese ao longo de toda a novela a  relación que mantiñas co teu avó, era tan venerable como se deixa entrever?

A.R.: Meu avó eclipsaba onde estivese.Tiven unha relación moi estreita con él e coa avoa Felisa, pasei moitos anos de verán con eles na aldea e iso une. Ademais os avós vivían connosco en casa. Meu pái era policía municipal e,  a  nosa casa, era singular porque se trataba do antigo cárcere da vila e as paredes dos cuartos estaban  erguidas sobre a liña dos ferros. Quizais tamén  nos unía esa relación tan estreita  e especial que tiña con eses seres memorables, como el chamábaos,  e  a expectación que me causaba coller o caderno, que tan en serio tomábase, e onde tiña anotados todos os rexistros que facía deles, e adivinar entre a súa letra o perfil de cada un. “Para mín, o avó Mauro tamén é un lugar, un espazo de recreo. Con el nunca existe o fastío… ten unha paciencia e un punto de comprensión cos demais, non só cos tolos. E sempre o asiste esa chispa alegre e un nada alucinada coa que conta as cousas. É quen de lles dar ás palabras a apariencia de algo profético.”(páx. 28)
Marcelino, O Tirolino, Agustín o Vicentito, Demetrio o forestal, son personaxes que emocionan coas súas historias, pero se hai algún especial ese é o Manequín, un performan adiantado: “o rapaz, logo de vestir a roupa que lle indicaban, ocupaba o seu lugar no escaparate e pasaba as horas sentado nunha cadeira, revisando revistas de disfraces e maquillaxe.”(páx. 107). É verdade que sempre andaba disfrazado fóra de tempada pero o do suicidio é ficción. Coa historia de o Manequín e a súa nai tamén fago unha  pequena homenaxe aos entroidos de Xinzo, onde se viven de maneira especial, esperando por eles todo o ano.

Moitos son as homenaxes que se fan na novela, incluso a fotografía da portada é dun fotógrafo de Xinzo, que as facía e vendía despois: en que casa da Vila non había un marco cunha fotografía de Rizo?. Introducir  o personaxe de Carlos Casares na historia era unha obrigación.  Aínda que a entrevista con el é ficticia, con todo é certo que aprendeu a ler co seu pai. Cando Carlos entra en escena é a oralidade en estado puro, conque facilidade introduce as historias e as conta. 



O escritor dálle unha calada fonda ao puro e bota o fume cara ao teito, desfacendo o xesto nun sorriso. Á dereita da cunca do café ten varios libros e mais un caderno de coiro negro onde toma notas. (páx. 99)


Quedariamos falando por extenso con este gran escritor, á vez que amigo, pero vai chegando a  hora da despedida. Sentimos que o mundo do medicamento  perdese un membro entre o seu persoal, pero felicitamos a Antón que, desde neno, e a pesar das presións,  mantivésese  na idea de ser artista, porque nosa literatura e lingua gañaron un escritor de prestixio  e, como el mesmo di: para ser escritor hoxe en día, hai que ter un punto de inocencia, inxenuidade, que se debe conservar.                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                   Valoración:5/5
 Próxima lectura, recomendada por Antón, será: Todo canto fomos, de Xosé Monteagudo. Seguro que no defraudará.

Bo Entroido…

Ningún comentario:

Publicar un comentario